Cargando resultados...
Moscova corta a subministración de gas a Finlandia
Moscova corta a subministración de gas a Finlandia
É a resposta á negativa do goberno finlandés de pagar en rublos
G24.gal
20/05/2022 21:20
Última actualización 21/05/2022 08:59
Moscova ordenou cortar a subministración de gas a Finlandia desde este sábado: é a súa resposta á negativa do executivo finlandés a pagar a factura en rublos, tal e como esixe Rusia e prohibe a Unión Europea.
Ademais, Rusia construirá doce bases militares máis na súa fronteira occidental. O ministro de Defensa ruso xustificou a medida polo aumento das ameazas militares tras a solicitude de Suecia e de Finlandia de entrar na OTAN.