Cargando resultados...
Mostovoi pasa pola Radio Galega despois de sacar o título de adestrador
O Tsar repasou o seu momento actual, chanceou coa posibilidade de adestrar o Deportivo e confesou que xogou a hóckey sobre xeo con Putin
0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume↑
Decrease Volume↓
Seek Forward→
Seek Backward←
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
G24.gal
09/03/2025 20:43
Foi a bandeira do mellor Celta da historia e este domingo pasou polo Galicia en goles da Radio Galega para contarnos que xa é adestrador. Coas ideas claras. Mostovoi chanceou co feixe de chamadas que está a recibir. Mesmo do Deportivo. E tamén falou do Celta. O que ve con opcións europeas e o que lle virían ben tres fichaxes. Un central, un mediocentro e, sobre todo, un punta. O ruso acabou por confesarnos que agora practica hóckey xeo e que aí, mesmo xogou contra Putin... Quen gañou? Por suposto, o presidente de Rusia. Ás veces non chega con ser Tsar.