Publicador de contidos
Publicador de contidos

María Corina Machado, na marcha opositora de Caracas: "Chegou o momento de cobrar, que cada voto se respecte"

María Corina Machado, na marcha opositora de Caracas: "Chegou o momento de cobrar, que cada voto se respecte"

A plataforma opositora convocou manifestacións en Venezuela e en 350 cidades de todo o mundo

Miles de venezolanos residentes en Galicia mobilizáronse por un cambio que "non ten volta atrás"

A líder dereitista María Corina Machado encabezou a manifestación en Caracas
G24.gal 17/08/2024 20:44 Última actualización 17/08/2024 22:54

A oposición venezolana que segue á Plataforma Unitaria Democrática declarou este sábado unha xornada de mobilización mundial, con manifestacións en 330 cidades de todo o mundo e milleiros de opositores nas rúas. En Caracas a protesta contra a "fraude", que din os manifestantes, cometeu o Goberno de Nicolás Maduro nas eleccións presidenciais do 28 de xullo, comezou ás dez da mañá, catro da tarde en Galicia. 

Corina Machado pediu unidade fronte ao chavismo

A líder opositora reapareceu ante milleiros de seguidores  e dixo que para gañarlle ao chavismo é necesaria a unidade.

"Temos que manternos firmes e unidos, tratan de meternos medo, de dividirnos, de paralizarnos, de desmoralizarnos, pero non poden, porque están absolutamente atrincheirados na súa mentira, na súa violencia", asegurou María Corina Machado


A dirixente dereitista pediulles a militares e policías que respecten a vitoria que, segundo eles, conseguiu a oposición nas recentes eleccións presidenciais.

"Quero falarlle a cada un dos membros das forzas armadas e dos corpos de seguridade, Venezuela agarda de vostedes o cumprimento estrito do seu deber constitucional", engadiu a líder opositora venezolana

1.400 persoas seguen presas en Venezuela por protestar

A protesta discorreu en Caracas con relativa normalidade, aínda que fóra da capital producíronse incidentes illados coa policía. Unha oenegué venezolana asegura que seguen presas máis de 1.400 persoas que protestaron contra o Goberno.
A mobilización opositora conviviu nas rúas caraqueñas con outra convocada a última hora por Diosdado Cabello, número dous do chavismo.

Madrid, a protesta máis grande no estranxeiro

A manifestación máis multitudinaria fóra de Venezuela foi a que se celebrou en Madrid, con case 15.000 persoas que encheron a Porta do Sol ao berro de "Liberdade" e "Fóra Maduro". A esta protesta acudiron líderes venezolanos no exilio como Leopoldo López ou o exalcalde de Caracas Antonio Ledezma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade