Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multiplícase a poboación en aldeas do interior

Multiplícase a poboación en aldeas do interior

Nas semanas centrais do verán, numerosos emigrantes retornan para pasar as vacacións no lugar de orixe

O concello de San Xoán de Río chega a multiplicar por seis a poboación

Río é un dos concellos que máis incrementan a pobación no verán
G24.gal 26/07/2022 21:08

Unha trintena de nenos, con cadanseu acento, refréscanse este caloroso verán nas piscinas de Río: "Chámome Nicolás e veño de París todos os anos. Síntome como na miña casa", comenta un"Estou cos meus curmáns, cos avós...". "A min gústame pasear pola praza de Quiroga", din dous irmáns de Valencia.

Son fillos e netos de emigrantes que marcharon a buscar a vida fóra pero retornan cando poden ao lugar de orixe. "Eu son de aquí, fun a Madrid a traballar, pero isto gústame moito, teño nenos pequenos e aquí estamos todo o día fóra, xogando", explica Alicia.

Segundo os cálculos municipais, a poboación multiplícase por seis nas semanas punta do verán.

Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de Río: "É un esforzo grande: a recollida do lixo multiplícase, hai máis avarías... Pero gustaríanos que cada vez queden máis tempo. É para o que estamos traballando".

A maioría veñen do País Vasco, Madrid e Barcelona. De cidades grandes cun estilo de vida que contrasta, radicalmente, co que buscan aquí: "A xente vai coma formigas, correndo dun lado para outro. Aquí hai unha tranquilidade e unha maneira de vivir diferente. Todo é diferente, ata o aire e o clima, todo", di Juan José, emigrado en Barcelona.

A Teixeira, A Veiga ou O Bolo son outros exemplos de concellos que durante estes meses de verán ven crecer a súa poboación un 30 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade