Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multitudinaria celebración de Ramos en Viveiro

Multitudinaria celebración de Ramos en Viveiro

As procesións na vila están declaradas de Interese Turístico Internacional desde 2013

Procesión e bendición dos ramos na Praza do concello de Viveiro Procesión e bendición dos ramos na Praza do concello de Viveiro
G24.gal 02/04/2023 15:36

Este Domingo de Ramos cobrou un protagonismo especial coas procesións. É unha data destacada no calendario da Semana Santa en Galicia, unha boa proba son estas imaxes da bendición dos ramos na praza do concello de Viveiro. A vila da Mariña luguesa é un dos referentes desta festividade en Galicia.

As procesións centrais chegarán nos vindeiros días, pero este Domingo de Ramos marca o inicio dunha das semanas máis importantes do ano para a vila do Landro. Centos de persoas participaron na procesión e ateigaron a praza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade