Nairo Quintana liderará o Movistar no Gran Camiño
Nairo Quintana liderará o Movistar no Gran Camiño
No bloque en que destaca tamén a presenza do ourensán Carlos Canal
O colombiano Nairo Quintana, gañador dun Giro de Italia e dunha Volta a España, será o líder do Movistar no Gran Camiño, onde a escuadra telefónica chegará cun bloque no que destaca tamén a presenza do ourensán Carlos Canal, unha das esperanzas do ciclismo nacional.
Quintana, que regresou esta tempada á disciplina do Movistar tras o seu paso polo Arkéa Samsic, volveu esta semana á competición no Tour Colombia despois dunha parada dun ano. Ademais de Quintana e Canal, a escuadra azul chegará a Galicia co colombiano Iván Eslamiada, o austríaco Gregor Muhhberg, o estadounidense Will Barta e os españois Jorge Arcas e Antonio Pedrero.
Na liña de saída do Gran Camiño xa confirmaron a súa presenza o danés Jonas Vingegaard, o ecuatoriano Richard Carapaz, os colombianos Egan Bernal e Quintana, ademais do español Carlos Rodríguez.