Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nené Barral, acusado de contrabando de tabaco, senta no banco dos acusados 21 anos despois de ser detido

Nené Barral, acusado de contrabando de tabaco, senta no banco dos acusados 21 anos despois de ser detido

Este venres abordáronse as cuestións previsa na Audiencia Provincial de Pontevedra, que debe decidir se se celebra o xuízo e proceden ás declaracións o próximo 15 de decembro

G24.gal 30/09/2022 14:10

21 anos tardou en sentar no banco dos acusados Nené Barral, exalcalde de Ribadumia acusado de contrabando de tabaco. Hoxe foi xa que logo un día histórico en certo modo na Audiencia Provincial de Pontevedra. 

Barral foi detido no ano 2001, cando era alcalde de Ribadumia, por un presunto delito de contrabando de tabaco descuberto en varios contedores que chegaran ao porto de Vigo.
Neste tempo converteuse na causa xudicial máis antiga sen xulgar de España.

Agora, á acusación de contrabando súmase a de suborno e asociación ilícita, polos que a Fiscalía pide para o exalcalde popular máis de 10 anos de cárcere e unha multa de máis de 15 millóns de euros.

A súa defensa mantén que non houbo delito de contrabando porque os contedores cos paquetes de tabaco non saíron da zona franca de Vigo e insiste en que neste tempo prescribiu. Tamén apuntan que pola dimensión internacional do caso sería competencia da Audiencia Nacional. 

O tribunal, despois da presentación das cuestións previas, decidirá se finalmente hai xuízo e se procede a declaración dos acusados o día 15 de decembro. Xunto con Nené Barral, no banco dos acusados sentaron outras 8 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade