Mes de abril atípico con neve na montaña e folerpas na Muralla de Lugo
Mes de abril atípico con neve na montaña e folerpas na Muralla de Lugo
Esta fin de semana a cota está entre os 1.000 e 1.200 metros
A neve volveu para rematar abril, en cotas moi baixas para esta época do ano, a 400 e 500 metros. Non caeu só na montaña como xa estaba previsto, chegou tamén por momentos á Muralla de Lugo, aínda que logo derreteu.
No Cebreiro, os peregrinos que hai uns días facían o camiño escapando do sol atopaban na entrada a Galicia esta estampa da inverneira.
Na montaña de Ourense, con valores negativos en Manzaneda de madrugada, a estampa foi similar á da nevarada de Lugo. Nas próximas horas só se agarda que caia por enriba dos 1.200 metros.
"Neve en abril e cobras en marzo", di o refraneiro popular en alusión ao estraño que se fai vivir a finais de abril unha meteoroloxía máis propia de febreiro.
No Alto do Poio, para algúns peregrinos esta neve forma parte do encanto do Camiño.