Publicador de contidos
Publicador de contidos

No Saviñao fan dous pozos de barrena para evitar cortes na subministración

No Saviñao fan dous pozos de barrena para evitar cortes na subministración

Nunha viña a carón do río Sardiñeira tiveron que furar 120 metros de profundidade para atopar auga

G24.gal 08/08/2022 15:54 Última actualización 08/08/2022 16:26

O sur da provincia de Lugo está a vivir unha seca histórica. No concello do Saviñao decidiron reforzar a traída de auga a partir de captacións con pozos de barrena. Na estación de bombeo da Sardiñeira, no Saviñao, foi onde furaron un dos dous pozos que teñen previsto facer neste concello para paliar o problema da auga da traída.

Remataron de furar o venres á tarde e hoxe xa están bombeando para os depósitos da auga.
Para atopar auga  tiveron que furar 120 metros.

Nunha viña do Saviñao onde están facendo un pozo de barrena, coméntanos o poceiro que algo non andamos facendo ben para que cada día haxa que furar máis para atopar auga. Neste caso atopárona a 120 metros de profundidade, a carón do río Sardiñeira que abastece o Saviñao e onde agora é posible ver o leito.

Malia que falta saber a achega exacta que fará o pozo de barrena, estímase que será entre 16.000 e 18.000 litros.

No Saviñao decidiron facer os pozos para evitar facer restricións ou baixar a presión da auga, pero dende o Concello insisten en que se non use para encher piscinas, regar o céspede ou lavar o coche.

Pasadomañá furarán para o segundo pozo de barrena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar