Nobel de Física para Agostini, Krausz e L'Huillier polo estudo de dinámicas de electróns
Nobel de Física para Agostini, Krausz e L'Huillier polo estudo de dinámicas de electróns
O xurado destaca que os seus experimentos "brindaron á humanidade novas ferramentas para explorar o mundo dos electróns dentro dos átomos e as moléculas"
A Real Academia Sueca de Ciencias acordou este martes conceder o Premio Nobel de Física 2023 a Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier polos seus métodos experimentais para xerar pulsos de luz dunha duración de attosegundos para o estudo da dinámica dos electróns na materia.
O xurado destaca que os tres premiados están a ser recoñecidos polos seus experimentos, que "brindaron á humanidade novas ferramentas para explorar o mundo dos electróns dentro dos átomos e as moléculas".
Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier "demostraron unha maneira de crear pulsos de luz extremadamente curtos que poden usarse para medir os rápidos procesos nos que os electróns se moven ou cambian de enerxía".
O Nobel de Física é o segundo da rolda destes prestixiosos premios, despois de que se anunciara onte, luns, o de Medicina e á espera de que se coñezan en días sucesivos os laureados de Química, Literatura, da Paz e finalmente o de Economía, o vindeiro luns.