Noelia Míguez, sobrevivente dunha agresión machista: "Fixéronme ver pouco a pouco que era unha muller maltratada"
Noelia Míguez, sobrevivente dunha agresión machista: "Fixéronme ver pouco a pouco que era unha muller maltratada"
Noelia Míguez, sobrevivente dunha agresión machista: "Fixéronme ver pouco a pouco que era unha muller maltratada"
"Fixéronme ver pouco a pouco, porque isto leva un tempo, que si que era unha muller maltratada. Eu seguía defendéndoo, seguía dicindo que non, que el facía todo iso porque me quería", explica
En 2015, Noelia Míguez recibiu oito coiteladas do seu exmozo que case acaban coa súa vida. Desta brutal agresión colleu azos para transformar a súa experiencia nunha mensaxe de alerta ante relacións abusivas.
Das oito coteladas nace Oito sinais, o libro en que Noelia explica como saíu dunha relación que case lle quita a vida. En cada capítulo hai un sinal. Moito antes do físico, o seu maltrato foi psicolóxico.
En A revista presentounos o libro onde relata a relación que mantiñan e que rematou dese xeito tan brutal. A mensaxe que deixa Noelia é que hai que estar atentos aos sinais e pedir axuda.
"Que se saiba que aínda a xente que temos moito temperamento nos adaptan ao seu xeito e fan con nós o que queren", explica Noelia.
Pensaba que "el facía todo iso porque me quería"
Ata recibir as puñaladas pasou faltas de respecto, humillacións, insultos e empurróns. Noelia conta no libro como se fixo a morta para que o seu agresor parase. E como foron os psicólogos os que lle fixeron ver que era vítima de violencia machista.
"Fixéronme ver pouco a pouco, porque isto leva un tempo, que si que era unha muller maltratada. Eu seguía defendéndoo, seguía dicindo que non, que el facía todo iso porque me quería. Defendendo que a culpa era miña porque falaba con alguén ou subía fotos a redes sociais...".
Agora agradece ter voz e unha nova ilusión. Volveu atopar o amor e unha relación sa en Pablo, co que se comprometeu na presentación do libro.
"Podo falar en nome de todas as mulleres que por desgraza non están aquí, polas que están vivindo por desgraza o que vivín nese momento e polas que o día de mañá o van vivir, que agardo que sexa o mínimo posible", di Noelia.