Publicador de contidos
Publicador de contidos

Noia apraza a súa campaña marisqueira ao comprobar que morreu máis do 80 % do berberecho

Noia apraza a súa campaña marisqueira ao comprobar que morreu máis do 80 % do berberecho

As fortes chuvias deste decembro baixaron a salinidade da auga e provocaron a mortaldade masiva do bivalvo

Cunchas de berberechos mortos na ría de Noia
G24.gal 15/02/2023 20:00 Última actualización 15/02/2023 20:51

Catástrofe en Noia porque está perdida o que resta de campaña do berberecho.  As embarcacións de marisqueo de Noia van quedar unha boa temporada amarradas. A confraría decidiu suspender o reinicio da campaña prevista para o luns. O motivo, a elevada mortaldade do berberecho, que chega ao 80 % no tamaño comercial e é do 77 % na cría. A causa, as intensas chuvias de meses atrás.

"Os moluscos son moi sensibles ás subidas ou baixadas de salinidade. Entre os meses de decembro e xaneiro estivo a cero nesta ría. Estamos xusto na desembocadura do río Tambre, que tivo as comportas moitos días abertas", di Adelo Freire, secretario da confraría de Noia.

A maior preocupación da confraría agora é a próxima campaña, a mortaldade da cría ameaza con botala a pique. 

"O que nos recomendan os técnicos é non retomar nada porque sería ir contra o que pode haber na vindeira. De todo o que quites do pouco que hai vai facer que a vindeira campaña sexa peor aínda", afirma Adelo Freire, secretario da confraría de Noia.

Pídenlle á Xunta axuda, que subvencione unha parada biolóxica polos dous meses que quedan de campaña. Da riqueza marisqueira da ría de Muros e Noia viven máis de 1.500 familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade