Noite máxica, ouro para Jordan Díaz en triplo salto
Noite máxica, ouro para Jordan Díaz en triplo salto
O atleta español saltou 17,86 m e quedou 2 cm por diante do portugués Prichardo
Pouco despois do ouro de fútbol, chegou o ouro de Jordan Díaz no triplo salto para redondear unha noite máxica para España acadando dous ouros.
A pelexa dende o primeiro momento foi entre o portugués Pedro Pichardo e o español Jordan Díaz, os dous nados en Cuba. Jordan tiña tres dos catro mellores saltos, facendo mínimo 17,81 m e a marca que lle deu o ouro 17,86 m. Pedro Pichardo acadou 17,84 m nun intento temperán, reservouse ao non saltar no quinto intento e no sexto conseguiu un meritorio 17,81 m, pero que non lle serviu para quitarlle o ouro a Jordan Díaz. O podio completouno o italiano Andy Díaz.
Este ouro é o primeiro ouro da historia de España neste deporte e a segunda medalla tras o bronce da galega Ana Peleteiro en Tokyo 2021.