Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia lanza 70 mísiles e 145 drons nun novo ataque masivo sobre Ucraína

Rusia lanza 70 mísiles e 145 drons nun novo ataque masivo sobre Ucraína

Os bombardeos deixaron polo menos nove mortos, 70 feridos e dous desaparecidos na capital

O ataque golpeou Kíiv e outras cinco rexións do país

REUTERS / Gleb Garanich REUTERS / Gleb Garanich
G24.gal 24/04/2025 08:49

Rusia lanzou 70 mísiles de diferente tipo e 145 drons suicidas contra Ucraína esta noite nun ataque masivo contra seis rexións do país veciño, incluída a de Kíiv,

Na capital faleceron polo menos nove persoas e máis de 70 resultaron feridas, segundo informou a Forza Aérea ucraína.

No seu parte diario, a Forza Aérea detalla que os sistemas antiaéreos ucraínos detectaron e rastrexaron 215 obxectos aéreos inimigos no ataque combinado de Rusia a pasada madrugada.

A aviación, as unidades de mísiles antiaéreos e os equipos de guerra electrónica, así como os grupos móbiles de lume e as forzas de defensa ucraínas lograron derrubar 112 obxectos aéreos, entre eles 48 mísiles e 64 drons.

Outros 68 drons simuladores, que Rusia utiliza para enganar os sistemas de defensa antiaérea e saturalos, perdéronse.

O ataque masivo foi lanzado contra as rexións de Kíiv, Khárkov, Dnipropetrovsk, Zhitómir, Zaporiyia e Jmelnitski, de acordo con a Forza Aérea ucraína.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade