Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Meninas de Canido volven conquistar as rúas

As Meninas de Canido volven conquistar as rúas

O barrio ferrolán énchese esta fin de semana de arte urbana, cor, vida e música

G24.gal 02/09/2022 21:17

Dende o ano 2008 as rúas de Canido énchense de vida, cor e ledicia coa celebración do festival de arte urbano das meninas.

O barrio ferrolán convértese nun escenario no que é posible ver as intervencións de ducias de artistas de diferentes países que deixan a pegada da súa arte nas paredes dunhas rúas que foron revitalizadas e renovadas grazas a artistas de calquera disciplina que teñen como tema central as meninas.

Admítense e exhíbense centos de versións que marabillarían o mesmo Velázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade