Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manifestantes rodean a sede da Xunta e pìden paralizar 77 parques eólicos

Manifestantes rodean a sede da Xunta e pìden paralizar 77 parques eólicos

O prazo límite para lograr unha autorización previa administrativa por parte do Goberno galego conclúe o día 25

Baixo o lema "Eólica Así Non" milleiros de persoas participaron na marcha "Rodeamos a Xunta"

Marcha "Rodeamos a Xunta " contra as eólicas ante a sede do goberno en San Caetano
G24.gal 23/04/2023 13:35 Última actualización 23/04/2023 17:35

Este domingo celebrouse en Santiago unha manifestación contra a construción de 77 parques eólicos que xa recibiron a declaración de impacto ambiental positivo.

A marcha, coa participación dunhas 2.000 persoas, conforme os organizadores, convocouna a coordinadora Eólica Así Non, baixo o lema "Rodeamos a Xunta. Non á depredación macroeólica especulativa".

Aseguran que aínda están a tempo de frear a aprobación destes proxectos, que van provocar, din, danos irreparables.

Denuncian o que consideran unha "invasión eólica" que non conta coa cidadanía dos lugares onde se instalan. Reclaman a paralización doutros 150 expedientes e unha nova planificación e transición enerxética para Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade