Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia recorrerá a nova taxa que o Estado imporá aos portos autonómicos

Galicia recorrerá a nova taxa que o Estado imporá aos portos autonómicos

O ministerio de Transición Ecolóxica queren cobrarlles un novo imposto ás instalacións por ocupar terreos adscritos ás dársenas

A Xunta xa anunciou que vai recorrer ante a xustiza esta nova taxa, que afecta edificacións de 79 peiraos de titularidade autonómica

G24.gal 09/11/2022 14:29

As edificacións no litoral volven estar no punto de mira do Goberno. Transición Ecolóxica quere aplicar unha nova taxa a aquelas que se construíron en terreos ampliados dos peiraos, cando estes xa foran transferidos á comunidade. 

"Para Galicia é moi preocupante, produce unha inseguridade moi grande para todas as actividades socio económicas", asegura Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación Mar-Industria.

A nova taxa obrigaría os concesionarios a pagar dúas veces pola ocupación deses terreos, dobrando ou mesmo triplicando o que xa pagan. Nalgúns casos a contía é de 120.000 euros.

"É un ataque directo ao sector, afectadas hai lonxas, confrarías, varadoiros, pantaláns non é normal que na metade dun embarcadoiro uns compañeiros paguen unha taxa e na outra metade paguen 25 veces máis", di o presidente da Federación galega de confrarías, José Antonio Pérez.

A Xunta xa recorreu a nova taxa ante o Tribunal Superior de Xustiza, logo de que algúns concesionarios xa recibiran a notificación do cobro.

"Que teñan todos claro que Galicia vai seguir adoptando todas as medidas legais para defender o que entendemos que é de xustiza, que son as competencias que a comunidade autónoma ten nos portos que non son de interese xeral", defendeu a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

A nova taxa afecta a edificiacións de 73 peiraos dos 122 de titularidade autonómica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade