Publicador de contidos

Publicador de contidos

As visitas á cova do Rei Cintolo poderán escoller entre dous percorridos

As visitas á cova do Rei Cintolo poderán escoller entre dous percorridos

O percorridos son o tradicional da galería principal e o que baixa ao río

A nova ruta estímase que leva dúas horas facela e non poden ir máis de oito persoas a un tempo

Para visitala hai que contactar coa Oficina de Turismo de Mondoñedo e será sempre na compaña dun espeleólogo que facilita o Concello de Mondoñedo

G24.gal 01/03/2025 14:19

Abre ao público a Cova do Rei Cintolo coa novidade de que este ano pode escollerse entre dous percorridos alternativos: o tradicional, que chega ata a galería central, e o que baixa ata o río.

Para o público, a diferenza está en que o percorrido que vai ao río está indicado para persoas con boa forma física, xa que é unha ruta esixente, na que mesmo hai tramos onde hai que arrastrarse e ir reptando.

A nova ruta estímase que leva facela dúas horas e non poden ir máis de oito persoas a un tempo.

Para facer calquera dos dous percorridos hai que contactar coa Oficina de Turismo de Mondoñedo e concertar a visita, que se fará sempre na compaña dun espeleólogo que facilita o propio Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade