Publicador de contidos
Publicador de contidos

As axudas do novo plan renove para electrodomésticos van dende os 100 ata os 450 euros

As axudas do novo plan renove para electrodomésticos van dende os 100 ata os 450 euros

Axudas para substitución os aparellos por outros máis eficientes

O pasado ano esta campaña de axudas esgotouse en só dous meses

G24.gal 18/02/2022 14:39

As letras e cores que marcan a eficiencia enerxética contan e moito. Son a clave dunha nova liña de axudas que busca o aforro na tarifa eléctrica dos fogares galegos e que se poderán solicitar dende o vindeiro 23 de marzo.

As axudas van dirixidas ao cambio de lavadoras e lavalouzas, neveiras e conxeladores e tamén placas de cociña e os beneficiarios resaltan a importancia de reducir os consumos.

As axudas irán dos 100 ata os 450 euros. Poden acadar dende o 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral ata o 70 % no caso dos consumidores con máis dificultades. O pasado ano esta campaña de axudas esgotouse en só dous meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade