Cargando resultados...
Núñez Feijóo di que moitas das medidas anticrise que está aplicando o Goberno son propostas do PP
Núñez Feijóo di que moitas das medidas anticrise que está aplicando o Goberno son propostas do PP
Critica que, coa inflación por riba do 10 %, España teña o Goberno máis grande e máis caro da historia da democracia
G24.gal
01/07/2022 19:35
Última actualización 01/07/2022 19:52
O presidente do Partido Popular critica que nun momento en que a inflación supera o 10%, España teña o Goberno máis grande e máis caro na historia da democracia.
Núñez Feijóo asegura tamén que moitas das medidas anticrise que está aplicando o Executivo son propostas do PP.
"Cando baixan o IVE da luz ou cando lle dan axudas ás familias vulnerables, que son parte das nosas propostas, resulta que son propostas progresistas, razonables... propostas que se lle ocorren ao señor Sánchez despois de ter o noso documento tres meses na Moncloa", asegura.