Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 14 % das gasolineiras de Galicia son automáticas

O 14 % das gasolineiras de Galicia son automáticas

É a comunidade onde máis aumentou este tipo de puntos de repostaxe

G24.gal 15/07/2023 14:21 Última actualización 15/07/2023 15:01

En España, unha de cada cinco estacións de servizo non está atendida. O número de gasolineiras automáticas aumentou case un 50 % en algo menos de dous anos, unha tendencia á alza que se nota especialmente en Galicia, xunto con Cantabria, a comunidade que experimentou a maior suba.

Segundo os datos facilitados pola Aesae, en Galicia hai case un cento de gasolineiras deste tipo, o 14% do total. A maioría, non todas, son de baixo custo

O condutor realiza o proceso completo: selecciona a clase e a cantidade de combustible, reposta e paga. A cambio, aforra unha media duns trescentos euros anuais, segundo os cálculos da Organización de Consumidores e Usuarios.

Malia o aumento, España segue lonxe de países como Finlandia ou Dinamarca, onde estes puntos de repostaxe superan o 60 % da totalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar