O 28 % dos mozos españois de 25 a 34 anos non acabaron a educación secundaria
O 28 % dos mozos españois de 25 a 34 anos non acabaron a educación secundaria
España duplica a OCDE no número de persoas que non pasa a ESO
O 20 % dos mozos nin estudan nin traballan
España é o país da Unión Europea coa maior taxa de mozos que non remataron o bacharelato ou a FP. Así o revela o informe educativo anual da OCDE.
Pero hai outros datos preocupantes, como o número de mozos que abandonan a educación. De feito, o 28 por cento dos españois entre os 25 e os 34 anos non teñen a segunda etapa de secundaria, que é o mínimo que considera a OCDE para entrar no mercado laboral.
Un dos datos máis preocupantes é o que se refire aos mozos que nin estudan ni traballan, que en España se sitúa no 20 por cento, un dos máis altos dos países da Unión Europea.
Chaman tamén a atención as diferenzas territoriais, con ata 31 puntos porcentuais entre a de maior porcentaxe de persoas con estudos terciarios, que corresponde ao País Vasco, e Ceuta e Melilla cos niveis máis baixos. Galicia sitúase nos postos intermedios da táboa.