Sánchez, González e Zapatero reúnense polo 40 aniversario da primeira vitoria do PSOE
Sánchez, González e Zapatero reúnense polo 40 aniversario da primeira vitoria do PSOE
Os tres expresidentes recordan os logros dos gobernos socialistas
Sánchez reivindica o legado de González, quen fai un chamamento a repetir os Pactos da Moncloa
O corenta aniversario da primeira vitoria electoral do PSOE reuniu a Pedro Sánchez e os seus predecesores na Moncloa. Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero inauguraron co presidente do Goberno unha exposición que lembra o triunfo de 1982 e os logros dos executivos socialistas.
Con eles estiveron en Ferraz o exsecretario xeral, Joaquín Almunia, e parte da dirección actual. Pedro Sánchez reivindicou o legado do artífice da vitoria, Felipe González. "É un acto de orgullo e fraternidade, recoñecémonos na obra dos que nos precederon, sentímonos herdeiros do voso legado e camiñamos coa paz de ter a conciencia tranquila por ter estado no lado correcto da historia".
E o primeiro presidente socialista reiterou a necesidade de repetir os Pactos da Moncloa ante a complexidade da situación actual.