O 44 % dos empresarios españois pensa que a economía empeorará nos próximos meses
O 44 % dos empresarios españois pensa que a economía empeorará nos próximos meses
Con todo, o 70 % conta con facturar máis e o 38 % contratará máis persoal
Case o 70 % dos empresarios españois aseguran que a inflación tivo un impacto moi alto nas súas marxes de beneficio e o 40 % prevé que a economía empeorará nos próximos meses. Son datos dun informe realizado pola auditora KPMG. O seu presidente en España, Juanjo Cano, apunta que se mantén "o pesimismo do ano pasado. Un 44 % cre que a economía española evolucionará a peor ou moito peor neste exercicio".
O 70 % dos directivos agarda que a súa facturación medre neste ano, pero moderan o seu investimento e só o 38 % ampliará o seu cadro de persoal con novas contratacións.
Xoán Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, explica que "estamos a ver que demandan máis 15.000 traballadores as empresas en sectores estratéxicos e non se cobren. Non están formados para os novos eidos".
Perciben a inflación, a incerteza política e o encarecemento das materias primas como as principais ameazas para a economía española. "As marxes reducíronse de maneira importante e temos que entre todos intentar chegar a acordos", insiste Vieites.
Para o tecido empresarial galego, o aumento persistente dos prezos supón a preocupación central e reclaman medidas para mitigar os efectos desa escalada de prezos.