Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aceite de oliva subiu un 40 % no último ano

O aceite de oliva subiu un 40 % no último ano

O litro de virxe extra xa roza os nove euros

Os prezos fixeron que o consumo baixara un 10 %

G24.gal 16/08/2023 14:44

Iso de chamarlle ouro líquido ao aceite de oliva deixou de ser unha expresión esaxerada.

"Está carísimo, xa non se pode, cada día peor".

"Temos que comprar o máis barato porque está carísimo", din á saída do supermercado.

"Cada semana ao recibir a mercadoría vemos como sobe", explica Cristina Arias, de alimentación Titina no Milladoiro.

A escalada de prezos non cesou no último ano. A seca reduciu á metade a colleita e os prezos xa roldan os nove euros por litro de virxe extra. Así que moitos resérvano para os aliños ou a prancha, e buscan aceites máis baratos para fritir.

"Eu uso xirasol, máis baratiño".

"Eu só uso oliva para ensaladas; para fritir, algo máis económico".

"Eu só boto oliva aos aliños ou mesturo co máis barato", din algúns consumidores.

Os prezos disparados fixeron caer o consumo deste produto un 10 %. A xente compra menos cantidade, pero, polo momento, non está disposta a prescindir dun dos produtos máis valorados da nosa gastronomía. 

"Eu quito doutro lado, pero do aceite de oliva non".

"Ten que estar na cociña, aínda que estea máis caro".

"Eu sigo comprando, o peixe non sabe igual co outro", comentan na porta do supermercado.

O aceite de oliva subiu un 40 % no último ano e pode que non tocase teito. A vindeira colleita tamén se prevé escasa, polo que non se agarda que a situación mellore nos próximos meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos