Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado polo crime de Paloma e India afronta a prisión permanente revisable

O acusado polo crime de Paloma e India afronta a prisión permanente revisable

A familia das vítimas confía na xustiza e agarda a máxima pena 

O xuízo comezou con xurado na Audiencia de Valladolid 

G24.gal 11/12/2024 14:45 Última actualización 11/12/2024 15:28

Comezou en Valladolid o xuízo contra un home acusado de asasinar a coiteladas a súa parella e a filla dela, de oito anos, en xaneiro de 2023. 

Ás portas da audiencia a nai e avoa das vítimas, Carmen Rodríguez, afronta a vista sabendo que a tristeza vai seguir igual. Con todo agarda "que se faga xustiza e que lle dean a maior pena posible"

O xuízo comezou coa constitución do xurado popular que vai xulgar o asasinato da súa filla e neta. O acusado polo dobre crime era nese momento parella de Paloma, a muller falecida.

Carmen recoñecía que "estes días revólvese todo, e volvemos revivir escenas anteriores, mesmo algunha que non coñecemos, como o do forense".

A Paloma, de 45 anos, e India, de oito, matáronas cun coitelo de cociña na súa casa o 23 de xaneiro de 2023.

Despois da agresión, o presunto autor das coiteladas avisou un familiar do corrido. E este chamou o 112. A policía encontrou na vivenda os corpos de nai e filla e o acusado autolesionado levemente.

No seu relato, o fiscal recolle a brutalidade do crime. A agresión, di, colleu por sorpresa a Paloma e a pequena, que tentou agocharse e chamar o 112. 

Coincide coa familia na petición de pena. Prisión permanente revisable polo crime da nena e 25 anos de cárcere polo asasinato da súa parella. 

Para a nai e avogada das vítimas, "é un perigo público. Non é reinsertable. É un home que ten que estar detrás de reixas toda a súa vida".

A defensa do acusado pide para el 25 anos de prisión. Entre testemuñas e peritos, no xuízo declararán 50 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade