Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión preventiva para o acusado de atentar contra o primeiro ministro eslovaco

Prisión preventiva para o acusado de atentar contra o primeiro ministro eslovaco

Robert Fico foi operado con éxito este venres por segunda vez e permanece estable

O arrestado tras prestar declaración
G24.gal 18/05/2024 13:54 Última actualización 18/05/2024 21:58

O acusado de atentar contra o primeiro ministro de Eslovaquia pasou este sábado a disposición xudicial. O tribunal ordenou que permaneza en prisión preventiva ante o risco de fuga. 

O mandatario Robert Fico foi operado con éxito por segunda vez este venres. A súa situación é estable e, segundo o goberno eslovaco, convida ao optimismo.

O detido, Jurai Cintula, saíu de declarar por primeira vez ante a xustiza fortemente custodiado. O tribunal que leva o caso ditaminou que deberá seguir en prisión preventiva ante o risco de fuga e de que continúe a súa actividade criminal.

Segundo unha emisora eslovaca, o arrestado de 71 anos declarouse culpable nun interrogatorio previo ante a policía.

Nova operación

O atentado contra Robert Fico produciuse o mércores pasado, á saída dunha xuntanza do seu gabinete. Tras ingresar en estado crítico, este venres foi sometido con éxito a unha nova operación.

O mandatario permanece estable, e súa a situación convida ao optimismo, segundo declarou este sábado o vicepresidente do goberno.

Desacordo político

O detido manifestara publicamente o seu desacordo coas políticas de Fico e participara en varias protestas contra os plans do Goberno de suprimir a Fiscalía Anticorrupción e de pechar a radiotelevisión pública.

Cintula está acusado de asasinato premeditado, un delito que podería supoñerlle unha condena de entre 25 anos e cadea perpetua. 

O primeiro ministro de Eslovaquia permanece estable O primeiro ministro de Eslovaquia permanece estable
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade