O Arenteiro estará no bombo da Copa do Rei
O Arenteiro estará no bombo da Copa do Rei
Gañoulle por 3-0 ao Panadería Pulido canario con goles de Markitos, Manín Gonzaga e Escobar
Tamén se mete nas semifinais da Copa Federación e enfrontarase ao Real Unión de Irún
O Arenteiro repetirá na Copa do Rei cun rival de Primeira División. O ano pasado estivo o Valencia no Espiñedo.
No partido de cuartos de final da Copa Federación goleou o Panaderías Pulido canario. Markitos abriu o marcador tras un centro lateral. Encontro serio do conxunto que prepara Fran Justo. Tras o descanso, dous goles máis. Manin á saída dun córner cabecea a rede. E despois co adversario deixando ocos internada pola banda dereita que culmina sen oposición Escobar.
Festa no Carballiño. Outra proeza do Arenteiro, o mellor equipo galego de Segunda Federación. Na semana do 12-13 de novembro medirase a un equipo da liga das estrelas. E a vindeira semana xogará contra o Real Unión vasco na semifinal da Copa Federación.