Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arkea francés, cuarto equipo World Tour que estará en O Gran Camiño

O Arkea francés, cuarto equipo World Tour que estará en O Gran Camiño

Con catro escuadras da máxima categoría xa confirmadas, a grande atracción estará no danés Jonas Vingegaard

G24.gal 05/01/2024 12:55 Última actualización 05/01/2024 12:59

A escuadra francesa Arkea B&B Hotels, ata este ano Arkea-Samsic, converteuse este venres no cuarto equipo World Tour que confirmou a súa presenza en O Gran Camiño24, proba en que debutará esta tempada.

No seu cadro de persoal figuran corredores como Arnaud Demare, gañador de 8 etapas do Giro de Italia e 2 do Tour de Francia, ademais dunha Milan-San Remo; ou o seu compatriota Florian Senechal, segundo na Gante-Wevelgem e gañador dunha etapa na Volta a España.

Entre os seus ciclistas tamén destaca a presenza de dous ciclistas españois: Cristian Rodríguez, vencedor do Circuíto de Ruanda e cuarto na Mont Ventoux Challenge, e o recentemente fichado Raúl García Perna, campión de España contra o crono en 2022 e cuarto no Mundial deste pasado ano.

Con catro escuadras da máxima categoría xa confirmadas, a grande atracción estará en se o danés Jonas Vingegaard, dobre gañador do Tour de Francia, volve dominar a carreira galega como na pasada edición, na que conquistou o malliot amarelo tras asinar un pleno de triunfos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos