Publicador de contidos
Publicador de contidos

O asasino confeso de Elisa Abruñedo non pode ser condenado a prisión permanente revisable

O asasino confeso de Elisa Abruñedo non pode ser condenado a prisión permanente revisable

A pena non estaba en vigor no ano en que sucederon os feitos

Cando remate a instrución saberase se o acusan de homicidio ou asasinato, ademais de agresión sexual

G24.gal 06/02/2024 14:06

Aínda non hai data para o xuízo do crime de Elisa Abruñedo, pero si unha certeza: o asasino confeso non será condenado a prisión permanente revisable.

"Cando sucederon os feitos, no ano 2013, non estaba en vigor a prisión permanente revisable. Sería imposible e ilegal aplicar esa pena a este señor. Non se poden aplicar retroactivamente penas ou sancións máis graves das que existían no momento en que se produciron os feitos", explica o avogado Alejandro Vega. 

Roger Serafín Rodríguez admitiu ser o autor da morte e violación de Elisa Abruñedo, despois de ser detido o pasado mes de outubro, pero os expertos ven moi difícil que a confesión sirva de atenuante.

"Está previsto no Código Penal para as persoas que recoñecen os feitos antes de saber que o procedemento se dirixe contra elas. Normalmente non se aplica para os que confesan despois", aclara Alejandro Vega.

O caso está en fase de instrución coa declaración de testemuñas no xulgado de Ferrol. Cando rematen as dilixencias saberase a que delitos e penas fai fronte o acusado. Se o acusan de homicidio poderían caerlle entre dez a 15 anos de prisión, que subirían ata 25 no caso de asasinato. Canto á agresión sexual, a condena podería ir dos 4 aos 12 anos, sempre que non se demostren agravantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade