Cargando resultados...
O At. Guardés xa coñece a pista en que pode acadar a European Cup
O At. Guardés xa coñece a pista en que pode acadar a European Cup
As xogadoras do Mecalia exercitáronse na pista de Antalya, onde o equipo turco quere meter 15.000 persoas
As galegas defenden o 23-17 acadado hai unha semana na Sangriña
G24.gal
06/05/2023 22:12
E mañá outra cita o historia do balonmán galego grazas O Mecalia Atlético Guardés ten unha cita coa historia. Mañá ás 19:00 horas (G2 e G24) disputa o partido de volta da súa primeira final europea.
As de Ana Seabra xa se adestraron no escenario do partido en Antalya, onde afrontan o encontro con seis goles de vantaxe sobre o Konialti. Se saben manexar esa renda favorable serán campioas da European Cup. Así o entende África Sempere, que cre que o 23-17 da Sangriña é unha moi boa vantaxe, malia a que se agarda un ambiente moi hostil e un partido moito máis duro ca o da ida.