Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aumento da poboación de pombas xera cada vez máis molestias en Lugo

O aumento da poboación de pombas xera cada vez máis molestias en Lugo

As aves volvéronse agresivas e bótanse ás mesas e aos clientes das terrazas

Félix Aragunde 05/05/2022 13:47

A colonia de pombas medrou tanto en Lugo que se estima que xa hai un milleiro de exemplares. Este incremento da súa poboación derivou en múltiples problemas, coma a sucidade nas fachadas e nas rúas, e sobre todo o acoso ao que someten os clientes das terrazas, onde se botan á xente e escachan a louza que haxa nas mesas.

Víctor Fernández, camareiro: "É un problema, á parte da vaixela que rompen, porque incrementa o traballo e hai que ir correndo en canto se levantan dunha mesa e recollela ao momento. Ademais, atacan directamente os clientes e comen a comida dos pratos".

Ante o aumento da poboación e da agresividade das pombas, veciños, hostaleiros e clientes piden que se tomen medidas. De feito, os propios locais xa colocaron carteis onde se roga que non se lles dea comida ás aves.

Ángeles Estanga, hostaleira: "E nin así, porque á xente faille graza. E hainos que traen comida da casa e botan a bolsa no parque para ver o montón de pombas aí a comer".

Roberto Fernández, hostaleiro: "A xente xa dubida moitas veces se vir aquí. Penso que é un problema grande que temos e esperemos que dende o Concello tomen medidas para permitirlles ao turistas e aos lugueses poderen tomar un café tranquilos".

Dende o Concello de Lugo anunciaron que se vai intensificar o control da colonia de pombas coa instalación de gaiolas en varias prazas do recinto histórico. Os exemplares capturados serán trasladados a uns pombais en Bueu, pertencentes á empresa encargada destes traballos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade