Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona pide a dimisión de Tebas por achegar probas falsas contra o club

O Barcelona pide a dimisión de Tebas por achegar probas falsas contra o club

Segundo 'La Vanguardia', Tebas implicou de maneira errónea a Bartomeu e Rosell na investigación do caso Negreira

Tebas afirmou que o organismo que preside non acusa a ninguén e que son falsas as informacións

Foto EFE
G24.gal 03/04/2023 16:54 Última actualización 03/04/2023 18:27

O F. C. Barcelona esixiu este luns a dimisión do presidente da Liga, Javier Tebas, por enviar á Fiscalía un escrito na causa sobre os pagos do club blaugrana ao vicepresidente do Comité Técnico de Árbitros, José María Enríquez Negreira, no que implicaba erroneamente dous expresidentes da entidade blaugrana, Josep Maria Bartomey e Sandro Rosell.

A entidade catalá emitiu un comunicado en que reacciona á información publicada por 'La Vanguardia' sobre o documento manuscrito do exdirectivo do Barça Josep Contreras, xa falecido, que Tebas presentou á Fiscalía e ao que tivo acceso ao estar este investigado no denominado caso Soule, no que a Liga exerce como acusación particular. Pero segundo 'La Vanguardia', a familia de Contreras aclarou que a verdadeira identidade das persoas mencionadas no documento nada ten que ver cos expresidentes do Barça.

Mentres, Javier Tebas, presidente da Liga, afirmou que este organismo non acusa a ninguén e que son falsas as informacións que apuntan a que enviou á Fiscalía un escrito na causa sobre os pagos do FC Barcelona ao vicepresidente do Comité Técnico de Árbitros, José María Enríquez Negreira, no que implicaba erroneamente a dous expresidentes da entidade azulgrana, Josep Maria Bartomeu e Sandro Rosell.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade