Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona volve fracasar na aventura europea

O Barcelona volve fracasar na aventura europea

O Manchester United eliminouno da Europa League gañando o partido de volta por 2-1

G24.gal 23/02/2023 22:39

O Barcelona completou unha nefasta temporada en Europa. Despois de quedar eliminado na primeira fase da Liga de Campións o seu paso pola Europa League acabou en desfeita logo de caer ás primeiras de cambio diante do Manchester United (2-1 no partido de volta despois do empate na ida). 

Era un duelo entre xigantes en que o Barcelona colleu vantaxe despois dun penalti cometido sobre Balde e transformado por Lewandowski. 

Así rematou a primeira parte, pero na segunda as cousas torcéronse despois dun temperán empate do brasileiro Fred. Outro xogador do Brasil, Antony, acabou coa eliminatoria ao marcar no minuto 73 o tanto definitivo que sentenciaba a eliminatoria a prol dos ingleses. 

No minuto 94 Lewandowski tivo unha grande ocasión para levar a eliminatoria á prórroga, pero Varanne salvou o seu remate debaixo dos paus. 

O Sevilla fai valer o 3-0 do primeiro partido

O Sevilla conseguiu pasar á seguinte rolda pero tocoulle sufrir malia levar un 3-0 do partido de ida. O PSV tardou en marcar pero acabou engarrafando o equipo andaluz. Os tantos de Luuk de Jong e de Fabio Silva (2-0) puxeron a incerteza no marcador. 

O partido deixounos unha imaxe curiosa, a do porteiro do Sevilla parando un seareiro que saltou da bancada para agredilo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos