Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bergantiños e o Polvorín empatan sen goles no derbi da xornada

O Bergantiños e o Polvorín empatan sen goles no derbi da xornada

Os dous equipos estrelaron balóns no traveseiro axudados polo forte vento

O Polvorín tivo as mellores ocasións e pediu un par de penaltis, pero non puido marcar

G24.gal 18/12/2022 21:19

O Bergantiños e o Polvorín empataron sen goles nas Eiroas, resultado que non lles permite fuxir da zona baixa. Foi nun partido dificultado polo forte vento, que se aliou cos futbolistas nas xogadas a balón parado. Dúas delas, unha para cada conxunto, estreláronse no traveseiro. Foron as dúas accións máis claras da primeira metade, xunto cun posible penalti de Santi Canedo que pediu o filial lugués.

Na segunda metade, o Polvorín estivo máis incisivo, e tivo as mellores ocasións. Especialmente no minuto 30 logo dun roubo de balón que conduciu Álex Ramos, e que Ces Cotos rematou desde a frontal. Santi Canedo impediu o gol cunha dobre intervención. 

No tempo de compensación tamén puido levar os tres puntos o Polvorín. Dsta volta, o envío de Jorge non puido rematalo David Rojo no segundo pau. O marcador non se moveu, e o empate deixa aos dous equipos nos postos de descenso ata a volta da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos