Publicador de contidos
Publicador de contidos

Exposición de beléns do mundo no bispado de Ourense

Exposición de beléns do mundo no bispado de Ourense

Son 65 pezas recollidas polos 92 misioneiros ourensáns

Estará aberta ata o 6 de xaneiro en horario de mañá

G24.gal 10/12/2021 19:53

Dende os desertos e selvas de África ata o altiplano de América do Sur ou os bosques do centro de Europa. A procedencia dos 65 beléns que se expoñen no bispado de Ourense ata o remate das festas de Nadal é do máis variada. Como tamén o son os materiais e técnicas empregados na súa elaboración. Papiroflexia, pedra puída, coiro, lá...calquera elemento serve para representar o nacemento de Cristo de forma ben identificable.

Os beléns son obra dos habitantes dos lugares nos que os 92 misioneiros da diocese ourensá exercen o seu ministerio. Tamén hai pezas creadas polos propios misioneiros, como un feito de papel por un relixioso xa falecido.

Este ano o Bispado tamén contou con recoñecidos artistas da vila como Arturo Baltar, Gesto ou Maite Vázquez.

A imaxe da Virxe xacente co neno Xesús é unha das xoias desta exposición polo pouco habitual desa postura nos beléns tradicionais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade