Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG defende a creación de axudas específicas para as mulleres do rural

O BNG defende a creación de axudas específicas para as mulleres do rural

Pontón propón a creación dun tícket rural para as emprendedoras do campo

G24.gal 15/10/2022 15:00 Última actualización 15/10/2022 17:42

Con motivo do día Internacional da muller rural, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, achegouse a Vila de Cruces para comprobar de primeira man as inquedanzas e problemáticas das emprendedoras e traballadoras no seu día a día. 

Durante a visita a un obradoiro de zocos na parroquia de Merza, polo que a súa propietaria recibiu o Premio Nacional de Artesanía, a líder do BNG defendeu a creación dun tícket rural para as mulleres que emprendan un proxecto no campo, con axudas de entre 15.000 e 20.000 euros durante cinco anos.

Ademais, apostou por desenvolver infraestruturas tecnolóxicas e servizos sanitarios e de dependencia na contorna agraria, así como a redución das cotizacións das emprendedoras no campo, para loitar contra o despoboamento.

Ana Pontón salientou que as mulleres do rural cobran pensións máis baixas e reciben menos axudas agropecuarias que os homes, entre outras trabas, polo que apostou por políticas que revertan esa situación.

"Sen mulleres non hai rural vivo, que o rural ten un enorme potencial que hai que apoiar, que ten unha gran capacidade pero que tamén se necesita pór en valor, empoderar e recoñecer máis no só o medio rural senón o traballo tan importante que fan cada día as mulleres do rural", sentenciou a voceira nacional do BNG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade