Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quen pode solicitar o novo cheque social de 200 euros aprobado polo Goberno?

Quen pode solicitar o novo cheque social de 200 euros aprobado polo Goberno?

Irá destinado ás rendas baixas e poderase solicitar a partir de xullo

Vai destinado a traballadores, autónomos ou desempregados

G24.gal 26/06/2022 20:45 Última actualización 26/06/2022 21:04

O Boletín Oficial do Estado publicou este domingo o real decreto lei coas medidas anticrise aprobadas polo Goberno. Unha delas, a axuda de 200 euros para persoas con rendas baixas, xa se pode solicitar a partir do mes de xullo, que comeza o venres. A medida pode beneficiar uns tres millóns de persoas.

Será un pago único, un cheque de 200 euros para as persoas físicas con rendas baixas co que o Goberno pretende paliar a suba dos prezos derivada da crise enerxética. Esta axuda vai destinada a traballadores, autonómos ou parados inscritos nas oficinas de emprego.

Os beneficiarios deberán residir en fogares onde a suma das rendas que percibiron todos os conviventes durante o ano pasado fora inferior a 14.000 euros. E ademais, o patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196 euros.

Quedan excluídos desta axuda directa de 200 euros as persoas que perciban o ingreso mínimo vital ou pensións da seguridade social.

As instancias presentaranse na sede electrónica da Axencia Tributaria mediante un formulario que estará dispoñible ata o 30 de setembro. A medida custará uns 540 millóns de euros e o Goberno calcula que se van poder beneficiar uns tres millóns de persoas. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos