O Breogán e o Obradoiro, empatados a vitorias, loitan por obxectivos ambiciosos
Os dous suman dez triunfos en 19 partidos
Dez vitorias en 19 partidos. É a resposta inesperada do Monbus Obradoiro e do Rio Breogán, que soñan con obxectivos altos como o play-off polo título
É a terceira vez esta temporada que Izan Happ acaba cun dobre díxito. Esta xornada: 20 puntos e 10 rebotes. Mais o nome do Río Breogán é o de Stefan Momírov. Vaia terceiro cuarto: anotou aí 16 puntos con 5 triplas. Ese cuarto foi clave: o equipo galego chegou a ir perdendo por 5 e, de súpeteo, en pouco máis de dous minutos, a ir gañando por 7. Décima vitoria da temporada.
O Río Breogán é oitavo clasificado. O Monbús Obradoiro tamén está con dez triunfos. É a loita polo oitavo posto. Se ollamos cara arriba están Joventut e Gran Canaria. Máis abaixo Valencia, Bilbao e Murcia.
Os dous equipos galegos amosan fortaleza nas súas pistas. Tres vitorias seguidas. Da que logrou o Obradoiro ante o Bilbao Basket compre destacar a conexión Roberttson-Blazévic. Roberttson 15 puntos; Blazévic enorme: 19 puntos, 8 rebotes, 3 tapóns.