Publicador de contidos
Publicador de contidos

O británico Liam Gallagher brilla na segunda xornada do Son do Camiño

O británico Liam Gallagher brilla na segunda xornada do Son do Camiño

Foi a estrela nuns escenarios con moita presenza galega con Budiño, Woyza ou Kings of the Beach 

Este sábado, último día con artistas como Rayden, Miss Cafeína, Rigoberta Bandini,  Nathy Peluso, Jason Derulo e Dani Martín entre outros

Milleiros de admiradores asisten ao concerto do británico Gallagher/ O Son do Camiño
G24.gal 18/06/2022 09:53

Esta edición do festival O Son do Camiño, cita recuperada tras a pandemia, congrega o cartel de artistas máis grande da historia deste evento. Máis de 40 grupos e solistas de categoría internacional, que en moitos dos casos visitan Galicia por primeira vez, están a pasar polos escenarios do Monte do Gozo.

E o venres baixo o sol actuou a estrela británica Liam Gallagher, que fixo vibrar os milleiros de asistentes ao festival. Combinou temas dos seus traballos en solitario, especialmente do novo que acaba de publicar, cos da súa etapa en Oasis, precisamente con eles son cos que logrou conectar co público, principalmente na recta final. Milleiros de voces corearon Wonderwall, ao que seguiron Champagne Supernova e Cigarretes and alcohol.

Os máis novos non chegaron a tempo para este cita do rock e buscaban a primeira fila para ver as actuacións de artistas de música urbana. Unha segunda xornada cun auténtico dó entre esta e o rock nos escenarios. Tamén estivo o rock alternativo de Editors. O rapeiro arxentino Duki levou a xornada ata que o reguetón de Justin Quiles marcou o momento da chegada masiva do público.

Ata ben entrada a madrugada e para prolongar a festa no Monte do Gozo pasaron polo Son do Camiño Anne-Merie, Anuel AA, Timmy Trumpet e Justice.

Houbo tamén moita presenza galega con artistas como Budiño, Kings of the Beach e Woyza entre outros.

O Son do Camiño pecha este sábado con artistas como Nathy Peluso, Jason Derulo, Tiësto, Dani Martín, Nick Nicole, Rigoberta Bandini,  Rayden ou Miss Cafeína entre outros moitos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade