Cargando resultados...
O buque escola da armada de Omán descansa uns días na Coruña
O buque escola da armada de Omán descansa uns días na Coruña
Ten 54 tripulantes e permanecerá atracado ata o xoves no peirao coruñés
G24.gal
30/08/2022 20:06
O nome en galego deste buque escola da armada de Omán que estes días está no porto da Coruña é 'Xuventude'. Trátase do Shabab Oman II, o buque escola da armada de Oman.
O veleiro ten 72 metros de eslora e conta con 54 tripulantes. Doce son mulleres, que nesta ocasión cambiaron o seu uniforme polo traxe típico do país árabe, para recibir os visitantes.
Desde a súa botadura, en 2014 participou en varias regatas de Grandes Veleiros, como parte do adestramento dos alumnos.
Chegou á Coruña procedente do Reino Unido e durante a súa estadía ata o próximo xoves, poderá ser visitado polo público.