Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela ten pé e medio na final do Europeo feminino

O Burela ten pé e medio na final do Europeo feminino

Lugo acolle a disputa do campionato de Europa feminino

G24.gal 04/12/2021 12:53

Golpe sobre a mesa do Pescados Rubén Burela na súa estrea no Campionato de Europa. Non deu opción. 0-5 a favor diante do campión ruso, o Normanochka.

Leticia Cortés e Emilly marcaron antes do descanso e as internacionais Dany e Peke ampliaron vantaxe no segundo tempo. De novo Emily, xa no último minuto, colocou o quinto e definitivo.

Durante 15 minutos, o Normanchka actuou con porteira xogadora, algo que podería suceder durante máis minutos no partido de hoxe. As burelás, co 0-5 de onte, teñen o pase á final moi preto.

O outro finalista sairá do partido entre o Benfica e o Pescara. Os dous encontros poderanos ver, desde as catro e cuarto da tarde, na G2.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar