Publicador de contidos
Publicador de contidos

O can de palleiro, de 100 a 2.500 exemplares en dúas décadas

O can de palleiro, de 100 a 2.500 exemplares en dúas décadas

A raza canina autóctona de Galicia segue en risco de desaparecer e precisa dobrar a súa poboación actual

 

Nai e filla, dúas exemplares de can de palleiro, este martes en Peiro, no concello de Culleredo
G24.gal 10/12/2024 14:17

De darlle pouco valor a ser mascota de moda. O can de palleiro experimentou nas últimas dúas décadas unha evolución sorprendente, tamén no que respecta á súa poboación, aínda que mantén a súa alerta por atoparse en perigo de extinción.

A progresión do can autóctono de Galicia foi dos cen exemplares a principios de século aos 2.500 actuais, sendo este o resultado do bo traballo do club promotor desta raza.

 "É plenamente funcional para traballo e para compañía e mesmo para traballos de altas capacidades como a cadela que se acaba de graduar na Garda Civil, con outra que acaba de ir para a Policía Nacional ou a que se graduará como can de traballo para a ONCE para guiar persoas invidentes", di Daniel Conde Presidente do Club de raza Can de Palleiro.

A maior poboación de can de palleiro corresponde á provincia da Coruña, como Neve, que esta mañá marchaba de Peiro, en Culleredo, para o seu novo fogar no concello pontevedrés da Lama:

"Veño a buscala para meu pai, que estivo en México cincuenta anos. Dixo que cando se xubilara o primeiro que quería ter era un can de palleiro. Solicitámolo hai un ano e chamáronos para dicir que a camada estaba lista, polo que imos levalo", explica a dona.

A demanda é alta e a espera media para facerse cun exemplar anda polos seis meses e o prezo dun cachorro pode superar os 350 euros.

O can de palleiro deixará de ser considerada especie en perigo de desaparecer cando o censo alcance os 5.000 exemplares. Mentres tanto, a protección e promoción das distintas capas da raza contará coa axuda da Xunta; 20.000 euros ao ano ata 2028.

  "Sigamos sentíndonos orgullosos da nosa raza de can e esperemos que cada vez haxa máis palleiros nas casas de todos os galegos e galegas", conclúe Daniel Conde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade