O Cangas continúa de doce e suma a cuarta vitoria seguida na Asobal
O Cangas continúa de doce e suma a cuarta vitoria seguida na Asobal
Gañou na pista do Huesca por 29-38
O deporte é un estado de ánimo e agora mesmo poucos equipos hai coa cabeza máis despexada que o Cangas Frigoríficos do Morrazo. Gañou na pista do Huesca cunha superioridade insultante (29-38), descendeu os dous últimos clasificados de xeito matemático e culminou a semana soñada coa clasificación para a fase final da Copa.
A alegría non puido ser completa porque a vitoria do Cuenca o mantén a dous puntos da salvación total (agora ocupa posto de play out), pero quedan cinco xornadas en que pode pasar de todo.
Logo dun inicio igualado (7-7) o Cangas comezou a marcar diferenzas a partir do minuto 15 cunha extraordinaria secuencia goleadora que o levou a ter unha máxima diferenza de nove goles (11-20) nun primeiro tempo espectacular no eido goleador (15-23). No segundo tempo nunca perigou o triunfo Cangués, que contou con Mario Dorado (nove goles) e Brais González (seis goles) como executores principais no aspecto ofensivo.
O vindeiro rival será o xa descendido Puerto Sagunto, rival idóneo para colocar a quinta vitoria seguida, xusto antes de enfrontarse aos dous primeiros clasificados da Asobal, o Bidasoa e o Barcelona.