Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cantante e percusionista Xabier Díaz enche o Centro Cultural Kirchner no seu concerto en Bos Aires

O cantante e percusionista Xabier Díaz enche o Centro Cultural Kirchner no seu concerto en Bos Aires

Na súa viaxe por América do Sur actuou en Montevideo, Rosario e Bariloche.

Nos concertos interpretou unha escolma de cancións dos seus últimos tres discos

G24.gal 20/11/2022 21:05 Última actualización 20/11/2022 21:38

En apenas 30 minutos esgotáronse as entradas para o concerto de Xabier Díaz en Bos Aires. Acompañado por Roberto Grandal no acordeón e Iván Costa na zanfona, o cantante e percusionista encheu o Centro Cultural Kircher, un dos espazos máis emblemáticos da capital arxentina. 

"É moi emocionante estar poñéndolle a guinda a esta xira tan emocionante con Roberto Grandal e Fran Costa, que nos levou por Montevideo e Bariloche e que, dalgunha maneira, celebramos neste espazo mítico, o centro cultural Kirchner, no corazón de Bos Aires, con tantos amigos: Manu Seija, Lorena Lores, Santiago Molina, Nico Pérez, celebrando dalgunha maneira esa Galicia que vive nesta quinta provincia", explica Xabier Díaz.

Despois da súa última visita en 2019, Xabier Díaz regresaba a América do Sur neste formato trío, cun repertorio de cancións dos seus últimos tres discos. Esta viaxe artística remata coa actuación que ofrecen o domingo en Bariloche.




 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade