Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta acaba a pretemporada cun triunfo diante do Compostela (0-3)

O Celta acaba a pretemporada cun triunfo diante do Compostela (0-3)

Aspas, Larsen e Luca de la Torre marcaron os goles dun equipo que mesturou os titulares nas dúas partes

G24.gal 08/08/2023 23:17

O Celta acabou a pretemporada cun triunfo diante do Compostela (0-3). Marcaron os goles Aspas (31'), Strand Larsen (49') e Luca de la Torre (57'). Notouse a diferenza de categoría e de ritmo entre os dous equipos. 

Na primeira parte Benítez meteu xogadores como Aidoo, Manu Sánchez, Tapia, Bamba, Carles ou Aspas, que apuntan a titulares diante do Osasuna. Mesturounos con xogadores con menos minutos e incluso participou Fontán, ao que se lle está buscando unha cesión para ter minutos. 

Na segunda parte entraron Strand Larsen, Beltrán ou Unai Núñez. Por Gabri houbo que agardar ata o minuto 65 para velo no partido. Un dos máis destacados no recomezo foi Miguel Rodríguez, que deu un gol e xerou varias ocasións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar