O Celta busca confianza na copa

Benítez confirmou a titularidade de Douvikas

Convocados varios xogadores do filial

G24.gal 31/10/2023 14:54

É segura a titularidade de Douvikas, a convocatoria de Carles Pérez e as baixas de Ristic e Marchesín, este último sancionado na pasada edición copeira. Pero sobre todo existe unha prioridade. 

"O primeiro que temos que facer é gañar e despois tentaremos conseguir algunha cousa máis. É un partido para darlle minutos a algúns xogadores, que poidan mostrarse e coller ritmo de competición. E se podemos ter un bo resultado sempre da confianza".

Reiterou Benítez tamén a confianza no equipo ao ser cuestionado sobre a posible incorporación de Xeca.

"Creo que para mañá non chega seguro. A miña idea é sacarlle rendemento aos xogadores que temos, se aparece algún outro xogador noutro momento tentaremos sacarlle rendemento pero confío nos que temos e como traballan imos mellorar e reverter isto sen que teñan que botarnos un pé".

Sen reforzos externos, a Copa debe ser unha paréntese positiva antes de recibir o Sevilla o sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade