Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta derrota o Vizela en Afouteza (2-0)

O Celta derrota o Vizela en Afouteza (2-0)

Carles Pérez e Larsen meteron os goles neste segundo partido de preparación

Foto: @RCCelta
G24.gal 10/12/2022 14:31

O Celta segue coa súa preparación para a volta da liga en primeira. Este sábado xogou un amigable ante o Vizela portugués na Cidade Deportiva Afouteza. Nun partido a porta pechada, o conxunto vigués logrou o triunfo por dous goles a cero.

Os dous goles chegaron no segundo tempo, logo do carrusel de trocos de Carlos Carvalhal. Carles Pérez marcou o un a cero no minuto 55. E no 86, Larsen fixo o dous a cero definitivo. 18 futbolistas do Celta participaron no encontro. O equipo celeste volverá á competición ligueira o vindeiro día 30 ante o Sevilla en Balaídos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos