Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta estuda o despido do seu CEO corporativo e a directora financeira

O Celta estuda o despido do seu CEO corporativo e a directora financeira

José Gainzaraín chegara ao club en outubro de 2023 e Sonia Iglesias incorporouse en xaneiro de 2024

G24.gal 27/03/2025 20:00

No terreo de xogo todo marcha a pedir de boca para o Celta. Co equipo en clara traxectoria ascendente e buscando un posto en Europa para a vindeira temporada e con Claudio Giráldez e a súa aposta pola canteira que conseguiu enganchar como había tempo que non se vía unha afección entregada. 

Porén, nos despachos o Celta busca un cambio de rumbo na dirección económica. O club estuda o despedimento de José Gainzaraín, CEO corporativo do club desde outubro de 2023, e de Sonia García, directora financieira do club celeste desde xaneiro de 2024. Dúas apostas de Marián Mouriño na súa chegada á presidencia que non deron os froitos desexados. 

O Celta agardaba subir as achegas económicas, pero a realidade é que para axustar o seu orzamento tivo que incluír unha partida de vendas para esta temporada de 34 millóns de euros, algo que xa se logrou en parte no mercado invernal grazas ao traballo da dirección deportiva. Desde a directiva celeste tiñan a ambición de medrar noutros ámbitos que non lograron os xa extraballadores da entidade viguesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos