Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna volve perder un partido que mereceu gañar no Toralín (2-1)

O Celta Fortuna volve perder un partido que mereceu gañar no Toralín (2-1)

O equipo de Fredi tivo unha manchea de ocasións, pero segue acusando a falta de gol

Conseguiu empatar Gael no treito final, pero a Ponferradina gañou no 95

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 05/10/2024 20:04

Ao Celta Fortuna volveulle fuxir un partido de xeito incrible. No Toralín, os de Fredi dominaron desde o principio ata o final, gozaron dun innumerable número de ocasións, pero fóronas estragando todas. A Ponferradina agardou polo seu momento, e este chegou na continuación. Foi cun penalti, dentro dunha actuación arbitral moi protestada polos celestes. Marcouno Borja Valle.

O 0-1 non reflectía o que estaba a acontecer sobre o céspede, nin o que aconteceu despois. O Celta Fortuna seguiu creando accións clarísimas, pero non conseguía traducir ningunha delas no empate, ata o minuto 89. Foi entón cando Gael conseguiu establecer un empate que parecía un mal menor.

Pero foi un espellismo. Andújar, logo da saída dun córner, marcou o 2-1 que xa sería definitivo. Un resultado cruel que mantén ao Celta Fortuna nos postos de descenso con 6 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade